Hosting por dinahosting.

Comunicado de PROXECTA aos públicos dos festivais asociados

Proxecta, Coordinadora de Festivais de Cinema de Galicia, ante a crise do COVID19 quere manifestar primeiro, e antes de nada, a nosa solidariedade con todas as persoas afectadas pola enfermidade e as nosas condolencias para quen, a causa dela, perdeu un ser querido. Queremos transmitir tamén o noso agradecemento  a todo o persoal que traballa […]

APRAZAMENTO / MICE-Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego

A dirección da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico e o Padroado do Museo do Pobo Galego decidiron aprazar a décimo quinta edición da MICE, cuxa celebración estaba prevista do 23 ao 29 de marzo, por precaución ante os últimos datos coñecidos arredor da progresión do COVID-19. A cancelación da presenza dalgúns convidados/as de relevancia para […]

A memoria histórica e as linguas, temáticas principais nas seccións paralelas da 15ª MICE

A 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que se celebrará do 23 ao 29 de marzo, presenta a programación das súas dúas seccións paralelas. A sección Impropias, comisariada pola cineasta e docente chilena Carolina Astudillo, centrarase na memoria histórica dende a perspectiva de xénero. Por outra parte, o Cineclube de Compostela programa […]

A Asociación FICBUEU traballa con adolescentes do Centro Príncipe Felipe a través do cinema

A asociación FICBUEU vén de iniciar unha nova liña de acción social en colaboración coa Deputación de Pontevedra para traballar con adolescentes da institución Príncipe Felipe a través do cinema. Desde a pasada semana e ata o mes de maio organizaranse oito sesiónsde curtametraxes que permitirán debater sobre temas como a alimentación sa, a educación afectivo sexual, […]

A nova incorporación de Intersección aumenta a lista de festivais socios de Proxecta.

Queremos compartir a boa nova da recente incorporación á coordinadora de INTERSECCIÓN Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, un espazo que busca dar visibilidade a obras elaboradas por artistas locais, nacionais e internacionais que se sitúan á marxe da industria cinematográfica tradicional poñendo o foco en obras creadas por artistas da arte contemporánea e o cinema […]

Comeza a cuarta edición do festival Novos Cinemas en Pontevedra

Do 10 ó 15 de decembro, a cita dos amantes do cine será Pontevedra. A apertura desta Edición 04 celebrarase no Teatro Principal de Pontevedra este martes 10 de decembro a partir das 20h30. No acto proxectarase o filme Arima, de Jaione Camborda (coa presenza da directora e o equipo do filme). Podedes consultar toda […]

A incorporación de ‘Novos Cinemas’ aumenta o listado de festivais socios de Proxecta

  Proxecta naceu co obxectivo de representar e visibilizar os festivais de cinema de Galicia e traballar xuntos pola defensa e o impulso dun sector que hoxe é un dos máis activos e recoñecidos do panorama cultural galego. Por iso é unha gran ledicia poder anunciar a incorporación do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra ‘Novos […]