Cinema Crianza. Festival Internacional de Cine Infantil
Cineuropa
Curtas. Festival do imaxinario.
FanCine de Lemos
Festival de Cans
FICBUEU Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Galician Freaky Film Festival
Intersección. Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo de A Coruña
Novos Cinemas
Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui
VIA XIV Festival Internacional de Curtas de Verín
MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico
Os 12 festivais promotores, entre os cales se atopan algúns dos máis representativos de Galicia, representamos arredor dunha terceira parte dos 36 festivais, mostras e eventos audiovisuais e de cinema que temos contabilizados actualmente.
Entre nós sumamos 69.839 espectadores e asistentes no último ano, que puideron disfrutar de 1.145 filmes en 486 sesións de proxeccións, cun especial acento no talento audiovisual galego (do que os festivais son motores e escaparates fundamentais) e na creación contemporánea internacional de primeiro nivel, abarcando todos os xéneros e formatos.
A estas sesións de proxeccións sumáronse decenas de actividades paralelas como concertos, exposicións, instalacións, mostras, charlas, talleres… que fan dos festivais uns actores fundamentais dende o punto de vista educativo e da difusión e promoción cultural.
Aportamos 81 días de programación cultural diversa e de calidade ao longo de todo o calendario anual, levando a cultura cinematográfica a 10 localidades de diferentes dimensións das catro provincias, fornecendo contidos e públicos a arredor de 100 espazos culturais, favorecendo a descentralización e a creación de proxectos simbólicos; citas “obrigadas” no calendario destes lugares. Estas localidades e o conxunto do territorio vése favorecido non só polos contidos en sí e os públicos (habitantes e visitantes) que neses días se congregan, senón tamén polo impacto económico e social local que se produce como consecuencia, e que cada ano mellora gracias á aposta pola continuidade destes proxectos periódicos. Os festivais do sector audiovisual contribúen claramente ao fomento dun modelo de turismo de calidade e sustentable: o turismo cultural; e favorecen a imaxe de Galicia como destino.
Na pasada edición, os festivais da Coordinadora sumaron preto de 1 millón de euros de inversión en cultura (964.918 euros), ademais de 329 contratacións, cun importante fomento do emprego cultural cualificado e unha especial presencia do emprego feminino. E fomentaron o voluntariado cultural, involucrando a máis de 185 voluntarias e voluntarios. O seu impacto mediático alcanzou medios locais, nacionais e internacionais.