Hosting por dinahosting.
Cargando Eventos

PROXECTA CONSTRÚE: FONDO E FORMA. XEITOS E RETOS NA PROGRAMACIÓN

Proxecta constrúe: Fondo e forma. Xeitos e retos na programación dos festivais de cinema
> No (S8) 10ª Mostra Internacional de Cinema Periférico (31.05 – 09.06.19, A Coruña)
En colaboración con Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña organiza un encontro xunto aos responsables de diferentes festivais de cinema en Galicia, onde debater sobre os xeitos de programar, as estratexias, obxectivos e as dificultades e retos aos que enfrontarse actualmente os equipos de programación dos festivais.
Proxecta é unha asociación sen ánimo de lucro que aposta pola defensa e posta en valor dos festivais, mostras de cinema, e eventos audiovisuais de Galicia, así como pola promoción dos contidos e valores artísticos e culturais que estes impulsan. #Proxectaconstrúe é un programa de mesas de debate que celebramos ao longo de todo o ano nas localidades e datas de celebración dos festivais asociados. Conversas abertas nas que convidamos a profesionais, traballadores/as en festivais e mostras de cinema e audiovisual de Galicia, a falar dos temas que xiran arredor da organización destes eventos.
Xuñ 01 2019
Cando? Xuño 1
4:30 p.m. - 5:30 p.m.
Prezo De balde

Afundación. Sala de Prensa

Rúa Cantón Grande, 8, 15003 A Coruña
A Coruña, 15003

Visit Venue Website