Hosting por dinahosting.
Cargando Eventos
  • Este Evento pasou.

Presentación Proxecta

Desde Proxecta. Coordinadora Galega de Festivais de Cinema queremos convidarvos á nosa presentación oficial. Será o próximo martes 18 de decembro, ás 11h, no Auditorio do Museo Das Peregrinacións e de Santiago (Praza das Praterías, 2 en Santiago de Compostela).

O evento está aberto a todos os medios, institucións culturais, colegas do sector e persoas interesadas no cinema e audiovisual galego que queiran achegarse. Ás 11h terá lugar o acto de presentación no Auditorio do Museo, no que os membros da xunta directiva darán a coñecer a nova asociación, os seus integrantes e obxectivos. Despois compartiremos un café informal nas salas do Museo. Será un pracer contar coa vosa compañía!

Agradecemos que confirmedes a vosa asistencia indicando neste evento o número de persoas e nomes completos.  Para máis información, podedes contactarnos a través do correo comunicacion@proxecta.org

PROXECTA, a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, é unha asociación sen ánimo de lucro que nace coa vocación de traballar colectivamente, pola defensa e posta en valor dos festivais e mostras de cinema e audiovisual de Galicia, así como pola promoción dos contidos e valores artísticos e culturais que estes impulsan. Actualmente reúne a 12 socios promotores de todas as provincias galegas.

Dec 18 2018
Cando? 18 Decembro, 2018
11:00 a.m.
Sitio web http://proxecta.gal

Museo das Peregrinacións de Santiago

Praza das Praterías, 2
Santiago de Compostela,