Hosting por dinahosting.
Cargando Eventos
  • Este Evento pasou.

Formación: “Comunicar festivais de cinema a través das redes sociais”

Proxecta organiza unha nova formación online, neste caso impartida por Xiana Iglesias Villaverde, para afondar na comunicación dos festivais de cinema a través das redes sociais.

Contidos da formación:

  1. Cales son as redes sociais e en cales debo estar? Presentación xeral, datos de usuarias, segmentacion, etc,
  2. A necesidade dun mapa para viaxar e dunha estratexia de redes para publicar. O paso a paso un plan de comunicación básico para redes.
  3. Crear contidos para diferenciarse. Tipos de contidos, ferramentas para non quedar sen ideas, ferramentas para crear imaxes.
  4. Publicar, automatizar e medir. Facebook creator studio, Hootsuite, Metricool. Algo de algoritmos, stories, directos e hashtags.
  5. Resolución das dúbidas concretas recollidas previamente.

PREZO ASOCIADAS/OS PROXECTA: 1 matrícula gratuita por festival (1 asociada/o de cada festival) e 8€ para o resto dos asociadas/os.

PREZO NON ASOCIADAS/OS: 12€

PRAZAS LIMITADAS.

INSCRICIÓNS: ATA O DÍA 23 DE NOVEMBRO. Mail a xerencia@proxecta.org, indicando no asunto “RRSS E FESTIVAIS” e aportando os seguintes datos de cada persona asistente:

  • Nome completo
  • DNI
  • Dirección
  • Teléfono
  • Email

— — — 

Xiana Iglesias Villaverde

Apaixonada de contar historias, licencieime en Xornalismo e exercín como redactora e xornalista en prensa, gabinetes de comunicación e proxectos editoriais. Sabíame a pouco. Quixen aprender a comunicar tamén a través das formas, así que estudei Artes Gráfcas. Co aprendido emprendín unha viaxe de 6 anos como socia dunha cooperativa de acción cultural e social, na que empreguei as ferramentas que dominaba para deseñar e/ou desenvolver proxectos, algúns deles relacionados coa comunicación social de eventos como o Festival Rosalía, da Deputación da Coruña O dixital chama agora á miña porta en forma de redactora de contidos dixitais, para traballar a presenza en internet das marcas a través do marketing de contidos.


Esta é unha actividade subvencionada por Cultura da Deputación da Coruña.

Nov 26 2021
Cando? 26 Novembro, 2021
5:30 p.m. - 7:30 p.m.
Prezo 12€

online

Protagonista

Xiana Iglesias Villaverde
Website: Visit Organizer Website