Hosting por dinahosting.
Cargando Eventos
  • Este Evento pasou.

FORMACIÓN PROXECTA: CONTRATACIÓN LABORAL

Ania González e Ignacio Albo imparten a nova Formación Proxecta baixo o título: CONTRATACIÓN E XESTIÓN LABORAL NOS FESTIVAIS.

A actividade será online e terá lugar os días 4 e 5 de novembro, xoves e venres, en horario de 17:30 a 19:30

Esta formación céntrase na actividade profesional no ámbito da organización de festivais audiovisuais, a cal vive inmersa nunha multitude complexa de relacións xurídicas. O coñecemento dos dereitos que nos asisten como axentes culturais, profesionais ou amadoras, das diferentes responsabilidades legais, formas de contratación privada e pública, obrigas fiscais ou dereitos de propiedade intelectual que nos corresponde atender faise imprescindible.

Este curso achegará ese coñecemento a través dun programa de dous módulos de formación nos que as e os asistentes poderán obter as claves interpretativas e as ferramentas básicas para afrontar a organización e a análise xurídica da súa actividade así como identificar o tipo de asesoramento técnico que puideran necesitar.

A actividade estará dividida en dúas sesións:

Sesión 1 (día 4 de novembro):

  • Marco xeral de contratacións na celebración de Festivais.
  • Contratación de servizos técnicos e artísticos pola Administración Pública.
  • Contratación interna en Festivais criterios de aplicación relación mercantil ou relación laboral.

Sesión 2 (día 5 de novembro):

  • Contratación laboral en Festivais. Normativa aplicable e Convenios Colectivos.
  • Traballadores por conta allea e conta propia. Réxime xeral e especial (artistas).
  • Tipos de contratos e casuística laboral.
  • Réxime aplicable ao traballo voluntario.
PREZO ASOCIADAS/OS PROXECTA: 1 matrícula gratuita por festival (1 asociada/o de cada festival) e 8€ para o resto dos asociadas/os.
PREZO NON ASOCIADAS/OS: 12€

PRAZAS LIMITADAS.

INSCRICIÓNS: ATA O DÍA 2 DE NOVEMBRO. Mail a xerencia@proxecta.org, indicando no asunto “FORMACIÓN LABORAL”.

— — — 

Ania González Castiñeira

Avogada e critica cultural. Licenciada en Dereito pola UNED. Máster en Avogacía pola Universidade de Vigo. Avogada exercente do Ilustre Colexio de Avogadxs de Vigo. Especialista en Teoría Crítica do Discurso, Museoloxía, Imaxinación Política e Feminismos polo Programa de Estudios Independientes (PEI) do MACBA. Compatibiliza a súa actividade profesional como axente cultural no eido da investigación sobre novas formas de institucionalidade coa súa especialización e formación como avogada en Dereito da Cultura. Fundadora e partítice de colectivos de intervención cultural como Instituto Galego de Praxe Actual (IGAPA), FAC Peregrina Furancho de Arte Contemporánea, Culture Workers ou Iniciativa Curva. Ten participado como docente en seminarios sobre Institucionalidade (Movs, USC, Instituto Interuniversitario Carlos III), Museoloxía (Rede Museística de Lugo, CGAC), Dereito (Asociación Gestores Culturales de Andalucía GECA, CEU Xestión Cultural USC) e Pensamento Crítico (TEA Tenerife). Colabora como crítica de arte con medios como Babelia-El País.

 

Ignacio Albo Rodríguez

Licenciado en Dereito pola la Universidade de Salamanca. Máster en avogacía laboral impartido pola Fundación Sagardoy (Premio especial “Número uno VIII Promoción”). Máster in Business English impartido por EF Vancouver, Canadá. Avogado exercente no Ilustre Colexio de Avogados de Vigo. Especialista en Dereito del Traballo e Seguridade Social, desarrolla a súa actividade asesorando a empresas e particulares en materias relacionadas co Derecho del Traballo desde o ano 2008.
Esta é unha actividade subvencionada por Cultura da Deputación da Coruña.
Nov 04 2021
Comeza: Novembro 4 @ 5:30 p.m.
Remata: Novembro 5 @ 7:30 p.m.
Prezo 12€

online

Protagonistas

Ania González
Ignacio Albo