Hosting por dinahosting.
Cargando Eventos
  • Este Evento pasou.

Festivais de cinema e propiedade intelectual

Martín Bello impartirá esta formación online organizada por Proxecta na que falaremos de propiedade intelectual, entidades de xestión e cuestións a ter en conta neste ámbito desde a organización dos festivais.

A actividade terá lugar o próximo xoves 2 de decembro de 17:00 a 20:00.

Programa:

1. Propiedade intelectual: conceptos xerais.

2. Infraccións de dereitos.

3. Límites aos dereitos

4. Entidades de xestión

5. Festivais de cinema e entidades de xestión.

6. Consultas e dúbidas particulares.

PREZO ASOCIADAS/OS PROXECTA: 1 matrícula gratuita por festival (1 asociada/o de cada festival) e 8€ para o resto dos asociadas/os.

PREZO NON ASOCIADAS/OS: 12€

PRAZAS LIMITADAS.

INSCRICIÓNS: ATA O DÍA 30 DE NOVEMBRO. Mail a xerencia@proxecta.org, indicando no asunto “PROPIEDADE INTELECTUAL” e aportando os seguintes datos de cada persona asistente:

  • Nome completo
  • DNI
  • Dirección
  • Teléfono
  • Email

— — — 

Martín Bello

Avogado especialista en propiedade intelectual e industrial. Avogado exercente do Ilustre Colexio de Avogados de Madrid. Graduado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Propiedade Intelectual e Industrial (Magister Lvcentinvs) pola Universidade de Alicante e Máster en dereito das telecomunicacións, audiovisual, sociedade da información e protección de datos pola Universidade Carlos III de Madrid. Desenvolve a súa actividade asesorando a empresas multinacionais en diferentes sectores en relación ca propiedade intelectual e os dereitos de autor.


Esta é unha actividade subvencionada por Cultura da Deputación da Coruña.

Dec 02 2021
Cando? 2 Decembro, 2021
5:00 p.m. - 8:00 p.m.
Prezo €12

online

Protagonista

Martín Bello