Hosting por dinahosting.

ESTUDO DE IMPACTO DOS FESTIVAIS DE CINEMA DE GALICIA

Co fin de visibilizar a importancia dos festivais de cinema galegos e a súa potencia e capacidade innovadora, tanto no territorio galego, como no conxunto estatal e en relación co exterior, Proxecta promoveu en 2020 un estudo de impacto dos eventos deste tipo do territorio galego. 

Para a realización deste estudo contactamos co Departamento de Estatística e Investigación Operativa do Campus Vida da USC que aceptou a proposta. O proxecto pasou a estar dirixido por Rosa M. Crujeiras,  profesora titular e investigadora do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Facultade de Matemáticas, e Paula Saavedra Nieves do Departamento de Estatística, profesora axudante doutora do Departamento de Análise, Matemática e Optimización na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.

Coa participación de 28 festivais de Galicia os resultados da primeira fase deste estudo podedes consultalos aquí:
informe proxecta

O estudo fíxose grazas ao patrocinio de AGADIC e a axuda da área de cultura da Deputación de A coruña