Hosting por dinahosting.

A nova incorporación de Intersección aumenta a lista de festivais socios de Proxecta.

Queremos compartir a boa nova da recente incorporación á coordinadora de INTERSECCIÓN Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, un espazo que busca dar visibilidade a obras elaboradas por artistas locais, nacionais e internacionais que se sitúan á marxe da industria cinematográfica tradicional poñendo o foco en obras creadas por artistas da arte contemporánea e o cinema de vangarda que manexan tanto códigos estéticos coma linguaxes e procesos de creación innovadores. O festival, que conta coa dirección de Gonzalo Veloso, ten lugar en outubro en A Coruña, e ten a súa sede na Fundación Luis Seoane. Coa entrada deste novo socio, xa somos quince os festivais que traballamos dende a asociación Proxecta na procura de melloras para o noso sector. Seguimos!