Hosting por dinahosting.

A incorporación de ‘Novos Cinemas’ aumenta o listado de festivais socios de Proxecta

 

Proxecta naceu co obxectivo de representar e visibilizar os festivais de cinema de Galicia e traballar xuntos pola defensa e o impulso dun sector que hoxe é un dos máis activos e recoñecidos do panorama cultural galego. Por iso é unha gran ledicia poder anunciar a incorporación do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra ‘Novos Cinemas’ a esta coordinadora.

http://www.novoscinemas.com/gl/
http://www.proxecta.org/festival/novos-cinemas/

Actualmente os festivais asociados a Proxecta son: Play-Doc, Festival de Cans, FIC Bueu, MICE Museo do Pobo Galego, S8 Mostra de Cinema Periférico, Cineuropa, Curtocircuíto, Carballo Interplay, FKM Festival de Cinema Fantástico, Cinema Crianza, Chanfaina Lab, Fan Cine de Lemos, Festival Vía XIV de Verín e Novos Cinemas. Un conxunto heteroxéneo no que están representadas todas as provincias galegas e que dá mostra da diversidade das iniciativas galegas.